Justo Beramendi González,

Justo Beramendi González,

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas manifesta  o seu fondo pesar polo pasamento o 3 de xullo de Justo Beramendi González, quen foi membro do noso Padroado dende os inicios e presidente da Fundación por máis de quince anos.
A capela ardente estará hoxe día 3, na sala Cervantes do Complexo Funerario Apóstol Santiago,  situado fronte ao cemiterio de Boisaca en Santiago de Compostela.
Xoves 4 a capela ardente abrirase ás 10 da mañá no Auditorio do Museo do Pobo Galego, seguido dun acto cívico ás 13:00 horas no mesmo lugar.
Co noso agradecemento polo labor realizado a prol da nosa cultura.
Que a terra lle sexa leve.