Na rede

As redes virtuais manteñen numeroso material dixitalizado sobre a figura de D. Antonio Fraguas Fraguas, tanto gravaciós de discursos e entrevistas como material elaborado e posto a disposición pública por institucións públicas e privadas.

Agradecendo o esforzo realizado dende todas as entidades para divulgar o labor realizado por D. Antonio, queremos destacar a elaboración de materiais inclusivos como a biografía de D. Antonio, realizada polo CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña, e por amor a Galicia, realizado no CEIP Virxe do Camiño de Rubiá, entre os númerosos traballos elaborados polo alumnado de moitos centros educativos co gallo da celebración das Letras Galegas.

Aqueles dos que temos coñecemento figuran relacionados nesta páxina, o nivel e varidade das propostas presentadas resulta salientable, e queremos aquí recoñecer o valor das actividades dinamizadoras celebradas en numerosos centros educativos. Para a Fundación Antonio Fraguas Fraguas.

Gravacións de discursos e entrevistas de D. Antonio Fraguas

Discurso de D. Antonio na recepción da biblioteca de D. Xesús Taboada Chivite polo Museo do Pobo Galego en 1992.

O Consello da Cultura Galega peneirou gravacións con entrevistas e discursos de D. Antonio Fraguas procedentes do Arquivo Sonoro de Galicia e nos arquivos de Radio Nacional de España.

Na canle Lingua Galega TV  homenaxea a D. Antonio Fraguas con videos que recollen anacos de conversas de D. Antonio co director Xan Leira, gravadas poucos meses antes do seu pasamento. Neles fala dos seus primeiros anos, da súa relación con Castelao, da súa participación nas Irmandades da Fala, no Seminario de Estudos Galegos, no Partido Galeguista, na campaña polo Estatuto do 1936, do seu ingreso na RAG; así como as súas reflexións sobre os xogos tradicionais, os oficios, o traxe tradicional, os mitos e lendas, a lingua galega.

 

Material de libre disposición sobre a vida, obra e figura de D. Antonio Fraguas Fraguas

A Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego, dispón dunha unidade didáctica sobre D. Antonio Fraguas Fraguas. Tamén pode consultare o documental Revisitando a Antonio Fraguas, elaborado polo Museo do Pobo Galego, a Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística aloxa no seu portal da lingua galega unha páxina adicada a D. Antonio Fraguas Fraguas na que recolle material da exposición itinerante Antonio Fraguas, memoria dun soño, as exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, en infantil e primaria os carteis elaborados polo CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo, e no resto dos niveis educativos os elaborados polo IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, xunto coas guías didácticas para infantil e primaria, e para o resto dos niveis educativos.

A Real Academia Galega dedica a nova edición da Primavera das Letras para achegar as novas xeracións á figura de D. Antonio e seu legado intelectual. Ofrece actividades interactivas e fichas didácticas para coñecer aspectos da súa traxectoria como Insuela, Santiago de Compostela, o galeguismo, a guerra e represión,  o Museo do Pobo Galego, ou a súa biblioteca, xunto con outros campos nos que desenvolveu o seu traballo, como as cantigas, as festas e romarías, o traxe, a arquitectura, os oficios tradicionais, a xeografía ou a toponimia.

Antón Fraguas, do local ao universal, actividade para nenos, e díptico conmemorativo do XX aniversario do seu pasamento, realizados polo Concello de Cerdedo-Cotobade, a Xunta de Galicia e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas.

Antonio Fraguas: home do seu tempo, conferencia de Francisco Fariña Busto, patrón da Fundación Antonio Fraguas e do Museo do Pobo Galego, dictada na Biblioteca de Verín.

Nove anos de Fraguas en Lugo, proxecto homenaxe impulsado polo Colectivo Egeria, que recolle un libro e os paneis da exposición.

O Arquivo do IES Sánchez Cantón mostra o expediente e notas no instituto de Antonio Fraguas.

O Consello da Cultura Galega recolle no seu portal dixital material sobre a súa vida e bibliografía.  Destacamos a elaboración do roteiro As xentes, pedras e ríos de Galicia con Antonio Fraguas que percorre 120 vizosos quilómetros das provincias de Pontevedra e Ourense, visitando espazos biográficos de Antón Fraguas, territorios que foron obxecto das súas investigacións etnográficas e históricas e que deixou plasmadas en numerosas publicacións. Diversidade de paisaxes, de arquitecturas e de xentes para coñecer mellor a un dos grandes etnógrafos de Galicia. A selección e presentación dos textos é a cargo do etnógrafo Clodio González Pérez, da Fundación Antón Fraguas Fraguas.

O Seminario Galán, Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo, elaborou a biografía, un cuestionario, unha unidade didáctica sobre o Antroido, un cartel, unha exposición, un díptico e un marcapáxinas adicados a D. Antonio Fraguas

Presentación adicada ao vencellamento de Antonio Fraguas Fraguas coa Universidade de Santiago de Compostela realizada pola Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Queiman e Pousa, elaboraron “Amantes da Terra“, documental homenaxe a D. Antonio Fraguas.

Roteiro Antonio Fraguas Fraguas pola cidade de Compostela, realizado polas FERE-CECA.

A Cadena SER Galicia, dentro do Álbum das Letras Galegas, elaborou un episodio adicado á figura do D. Antonio Fraguas Fraguas

 

Traballos realizado polo estudantado en homenaxe a D. Antonio Fraguas

CEE A Barcia de Santiago de Compostela: xogo Onde traballou Antón Fraguas?

CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña: Biografía de D. Antonio en linguaxe de signos,  e canción sobre a vida de D. Antonio

CEIP A Paz – Tintureira de Vigo:  Vídeo sobre Antón Fraguas

CEIP A Ponte de Lugo: xogos Pasa-palabra Antonio Fraguas Fraguastest sobre Antonio Fraguas, e presentación sobre D. Antonio

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora de Mondoñedo: Falamos de Antón Fraguas

CEIP Anxo da Garda da Coruña e CEIP O Mosteirón de Sada: O casamento da pulga, canción con pictogramas

CEIP Anxo da Garda da Coruña: Almanaque 2019 Antón Fraguas & Luis Seoane

CEIP Campolongo de Pontevedra: Acto homenaxe a Antón Fraguas

CEIP Cardeal Quiroga Palacios de Santiago de Compostela, exposición no centro.

CEIP Couceiro Freijomil de Pontedeume: mostra adicada a D. Antonio

CEIP de Cedeira, Redondela: programa de radio O monte da Peneda e Antonio Fraguas

CEIP de Celeiro, Viveiro: programa en Bibliosoños, radio do centro, adicado a Antón Fraguas.

CEIP de Cervo: xogo Puca quere saber máis sobre… Antonio Fraguas

CEIP de Parada Campañó: Presentación Antón Fraguas

CEIP de Seixo (Marín): Cancioneiro do Seixo, e outras actividades no blog As pegadas de Arnaldo.

CEIP Galán, Oseiro-Arteixo: O casamento da pulga, adaptación teatral

CEIP Humberto Juanes de Nigrán:  Vídeo vida e obra de Antón Fraguas

CEIP Juan Rey de Lourenzá: Vídeo Antón Fraguas para nenos

CEIP nº 1 de Tui: Vídeo sobre Antonio Fraguas

CEIP Princesa de España de Verín: Vídeo Antón Fraguas

CEIP Profesor Albino Núñez de Ourense: Cantigas do cancioneiro de Cotobade

CEIP San Xoán de Becerreá: Homenaxe a Antonio Fraguas

CEIP Tenorio (Cerdedo-Cotobade): Representación teatral sobre a vida de D. Antonio

CEIP Virxe do Camiño de Rubiá: Por amor a Galicia, presentación en linguaxe de signos;  O casamento da pulga, adaptación do conto de D. Antonio, e un xogo sobre D. Antonio

CEIP Virxe do Carme de Sober: Na procura dos tesouros de Sober, podcast radiofónico, e outras actividades recollidas no seu blog.

CEIP Vistahermosa de Ourense: no podcast A sombra do Erbedo recollen as actividades realizadas sobre D. Antonio.

CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo: Carteis galardoados na modalidade infantil e primaria no Concurso Exposición Letras Galegas

Colexio Carmelitas de Ourense: Programa A fiestra da cultura. Antonio Fraguas, e vídeos A vida de D. Antonio, e Preséntome, son Antón Fraguas, .

Colexio Miraflores de Ourense: Vídeo A historia de Antón Fraguas

Colexio Neno Xesús de Praga de Vigo: Presentación Antón Fraguas

CPI Atios de Valdoviño eo CEIP Soutelo de Montes de Forcarei: Romarías do mar e do interior

CPI Dices-Rois:  Telexornal sobre Antonio Fraguas

CPI Dr. López Suárez do Saviñao: vídeo sobre a vida de D. Antón Fraguas.

CPI Progreso de Catoira: Presentación Antón Fraguas

CPR San Pío X de Ourense: Vídeo e mural sobre a vida e obra de D. Antonio Fraguas

CPR Manuela Rial Mouzo de Cee: Actos de celebración das Letras Galegas

IES Álvaro Cunqueiro de Vigo: Carteis galardoados na modalidade resto dos niveis educativos no Concurso Exposición Letras galegas

IES da Pobra do Caramiñal Biografía regueifada de Antonio Fraguas

IES de Cotobade: Vídeo Antonio Fraguas e os seus mestres

IES Maximino Romero de Lema de Baldaio – Zas: Calendario de parede de Antonio Fraguas

IES Valle Inclán de Pontevedra: Maio homenaxe a D. Antonio Fraguas

IES. Pontepedriña de Santiago de Compostela: Vídeo Homenaxe a Antón Fraguas

No VIII Festival Arte pola Igualdade 2019 colaboraron distintos centros educativos realizando versións en lingua de signos, con pictogramas e como audioconto d’O Casamento da Pulga recollido por Antonio Fraguas Fraguas.

 

Presumimos que os lugares onde están aloxadas son titulares dos dereitos de publicación necesarios. A Fundación Antonio Fraguas Fraguas non se fai responsable de calquera vulneración de dereitos realizada polo aloxamento destas páxinas.

En caso de ser coñecedores dalgún erro ou vulneración de dereitos de propiedade, pregamos se poñan en contacto connosco para a súa correción ou retirada segundo proceda.