Justo Beramendi González,
A Fundación Antonio Fraguas Fraguas manifesta o seu fondo pesar polo pasamento o 3 de xullo de Justo Beramendi González, quen foi membro do noso Padroado dende os inicios e presidente da Fundación por máis de quince anos.A capela ardente estará hoxe día 3, na sala Cervantes do Complexo Funerario Apóstol Santiago, situado fronte ao cemiterio de Boisaca en Santiago de Compostela.
Xoves 4 a capela ardente abrirase ás 10 da mañá no Auditorio do Museo do Pobo Galego, seguido dun acto cívico ás 13:00 horas no mesmo lugar.
Co noso agradecemento polo labor realizado a prol da nosa cultura.
Que a terra lle sexa leve.