Recoñecemento e premios
1928
-Membro numerario do Seminario de Estudos Galegos.
1942
-Académico correspondente da Real Academia Galega.
1946
-Socio correspondente da Associação dos Arqueólogos Portugueses.
-Socio correspondente da Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia.
1951
-Académico de número da Real Academia Galega. Leu o discurso de ingreso o 8 de maio de 1956.
1952
-Socio correspondente do Instituto “António Cabreira” (anexo da Academia de Ciéncias de Portugal).
-Vogal da Comisión diocesana de Arte Sagrada da diocese de Lugo.
-Máximo galardón do “II Certamen Literario de Lugo”, polo artigo Lugo en tres perfiles: horizontes, plaza y fiestas.
1954
-“Irmán maior” da Arquiconfraría do Apóstolo Santiago, de Santiago de Compostela, da que tamén foi vicepresidente primeiro.
1955
-Xefe da sección de Historia Moderna e Contemporánea do Centro de Estudios Jacobeos de Santiago de Compostela.
1956
-Máximo galardón do “VI Certamen Literario de Lugo”, polo artigo Lugo. Ciudad Eucarística en la ruta turística de España.
1960
-Vogal da sección de Etnoloxía do Museo Municipal de Santiago de Compostela.
1964
-“Colegial de Honor” do Colexio Maior Fonseca de Santiago.
1969
-Socio da Sociedade de Língua Portuguesa, Lisboa.
1973
-Director do Museo Municipal de Santiago.
-“Pontevedrés do ano”, polos méritos como intelectual e divulgador da nosa cultura e, en especial, da súa terra de Cotobade.
1975
-“Colegial Distinguido “ do Consejo Nacional de Ilustres Colegios Oficiales de Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras.
-Socio correspondente na provincia da Coruña da Real Academia de la Historia.
1976
-Director do Museo do Pobo Galego.
1978
-Conselleiro vitalicio do novo Seminario de Estudos Galegos.
1980
-“Colegial de Honor” do Colexio Maior “Generalísimo Franco” de Santiago.
1983
-Académico de número da Academia Galega das Ciencias.
-“Colegia de honor” do Colexio Maior “Arosa” de Santiago.
-Membro a título individual do Consello da Cultura Galega.
1984
-Pedrón de Ouro da Fundación Pedrón de Ouro.
-Fillo Adoptivo e Medalla de Prata ao Mérito Cultural de Santiago de Compostela.
-Fillo Predilecto do concello de Cotobade.
-Insignia de ouro do Museo do Pobo Galego.
1985
-Medalla Castelao da Xunta de Galicia.
-Premio Trasalba da Fundación Ramón Otero Pedrayo.
1987
-Homenaxe polo 40 aniversario do padroado “Rosalía de Castro”, do que era membro fundador.
1998
-Premio de Investigación da Xunta de Galicia.
1989
-Medalla de Ouro ao mérito cidadán e cultural do concello de Santiago.
-Presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego.
-Homenaxe dos exalumnos do Instituto de Lugo.
-A cidade de Lugo dálle o seu nome a unha rúa.
1990
-Vicepresidente da sección de Matemáticas, Física e Física do Cosmos da Academia Galega de Ciencias.
-Melide ponlle o seu nome a unha rúa.
1991
-“Avó de Galicia” elixido polo alumnado de terceiro nivel de E.X.B. do Colexio La Salle, Santiago.
-“Galego do mes” do xornal compostelán El Correo Gallego.
1992
-Cronista Xeral de Galicia.
-Premio R. Otero Pedrayo das catro deputacións provinciais.
-Diploma de Honra e Insignia de Ouro da Sociedade de Fillos e Amigos da Estrada.
-“Los 90 de oro” do Consejo Español de Mayores e a Fundación Mapfre.
1994
-Medalla de Ouro e Brillantes da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas.
-Homenaxe do concello de Cotobade.
-Homenaxe do Museo do Pobo Galego e acto de recepción da súa biblioteca.
-O concello de Santiago de Compostela dálle o seu nome ao Instituto das Fontiñas.
1995
-Premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia.
-Medalla de Ouro da Asociación do Traxe Galego de Santiago de Compostela.
-Membro de Honra do Club Lectores de Galicia da Estrada.
-A sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura dedícalle o simposio internacional “Medicina Popular e Antropoloxía da Saúde”.
-O Concello de Santiago ponlle o seu nome a unha rúa.
-Insignia de Ouro da Universidade de Santiago.
-Homenaxe do Museo do Pobo Galego polo 90 aniversario do seu nacemento.
-Homenaxe do Concello de Santiago polo seu 90 aniversario.
-Santiago de Compostela ponlle o seu nome a unha rúa da cidade.
1996
-Premio de Honra á exemplaridade de todo unha vida dedicada á Normalización Lingüística da Fundación San Martiño da Estrada.
1997
-Medalla de Ouro da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.
-Presidente en funcións da Real Academia Galega.
1998
-Patriarca da Galeguidade da Enxebre Orde da Vieira.
-Galego do Ano dos xornais composteláns “El Correo Gallego” e “O Correo Galego”.
-A Deputación Provincial da Coruña crea o Certame de Artesanía “Antonio Fraguas Fraguas”.
1999
-A asemblea do Padroado do Museo do Pobo Galego aproba a creación da Fundación “Antonio Fraguas Fraguas”.
-“Ancián distinguido do 1999” do Club de Xubilados de Caixa Galicia.
-O Concello de Santiago de Compostela emite unha declaración institucional polo seu pasamento, o 5 de novembro, na que recoñece que Santiago ten unha débeda impagable con D. Antonio Fraguas…
Ademais foi membro da comisión asesora do padroado do Museo de Pontevedra en Arqueoloxía e Antropoloxía Cultural; da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago; do consello asesor do padroado do Museo da Casa da Troya; do consello reitor da Fundación “Otero Pedrayo”; da Fundación Castelao; da Fundación Alexandre Bóveda…