Transparencia

Información institucional

A Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno establece que as entidades privadas que perciban durante o período dun ano axudas ou subvencións públicas nunha contía superior a 100.000 euros deberán informar dos datos do seu funcionamento e xestión consonte ao que establece dita leiAínda estando lonxe desta circunstancia a Fundación Antonio Fraguas Fraguas ofrece na súa pestana de transparencia a información relevante nos correspondentes apartados.

Para calquera aclaración ou dubida pode dirixirse á Fundación polo correo electrónico …@fundaciónfraguas.gal ou persoalmente nas oficinas do museo de San Domingos de Bonaval.

A  Fundación Antonio Fraguas Fraguas

Constituíuse o día 9 de Agosto de 1.999 segundo escritura de constitución outorgada polo Notario de Santiago de Compostela, D.Enrique Roger Amat co nº 1634 do seu protocolo. Ten como espacio e referencia singularizadas o Museo do Pobo Galego, legado el mesmo do labor de D. Antonio Fraguas e doutros ilustres patróns deste Museo e producto referencial por eles querido para representar, sintetizar e edificar imaxes, sentidos e significados da tradición cultural de Galicia.

De acordo co artigo 6 dos seus estatutos, ten por obxecto:

1.- A achega de medios económicos  para o funcionamento do Museo do Pobo Galego, como institución que representa a concreción e síntese da obra de D. Antonio Fraguas Fraguas e de todos cantos con él loitaron por un centro  que recollese a cultura material e espiritual de Galicia.

2.- A defensa, conservación, promoción e divulgación do seu legado material e intelectual a través do apoio ó  funcionamento do Museo do Pobo Galego.

A Fundación foi clasificada como de interese cultural por Orden da Consellería de Presidencia  e Administración Pública do 7 de setembro  de 1.999( DOG do 28 de setembro) e declarada de interese galego por Orden da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 18 de outubro de 1.999 (DOG do 10 de novembro) figurando inscrita co número 1.999/21.

Pode consultar aquí os Estatutos Fundacion Antonio Fraguas Fraguas en vigor.

 

Estrutura da Fundación Antonio Fraguas Fraguas:

Goberno da Fundación: Padroado

Composición do Padroado:

Presidencia de Honra: titular da Presidencia da Xunta de Galicia.

Presidencia: titular da Presidencia da Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego.

Vicepresidencia 1ª: titular da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Vicepresidencia 2ª: titular da Alcaldía do Concello de Santiago de Compostela.

Vicepresidencia 3ª: titular da Vicepresidencia 1ª da Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego.

Secretaría: titular da Secretaría da Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego.

Vogais: cun mínimo de 6 e un máximo de 10, designados pola Asemblea Xeral da Asociación Padroado do Museo do Pobo Galego.

 

Retribucións altos cargos e persoal de dirección

Os cargos da Fundación non son retribuídos, desempeñandose con carácter altruísta.


A Fundación carece de persoal retribuído con carácter indefinido.

Convenios coa administración pública:

2018 – 0838: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS PARA DIFUSIÓN, ESTUDO E PRESERVACIÓN DA OBRA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS.

Consulta de convenios.

Documentos:

Texto do convenio

Memoria xustificativa.

OBXECTO

Este convenio ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para colaborar nos labores de divulgación, estudo e preservación da súa obra. As partes colaborarán na realización dun programa de actuacións orientadas a promover a obra e a figura humana de Antonio Fraguas Fraguas, así como para darlle continuidade ao labor realizado por el nos distintos eidos da vida literaria, social e cultural galega.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

13/03/2018

VIXENTE

Dende 13/03/2018 ata 30/11/2018

Entidade asinantes

Cantidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 14.000,00 €
FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS 1.000,00 €

2017-1449: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS PARA DIFUSIÓN, ESTUDO E PRESERVACIÓN DA OBRA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

OBXECTO

Este convenio ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para colaborar nos labores de divulgación, estudo e preservación da súa obra. As partes colaborarán na realización dun programa de actuacións orientadas a promover a obra e a figura humana de Antonio Fraguas Fraguas, así como para darlle continuidade ao labor realizado por el nos distintos eidos da vida literaria, social e cultural galega.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

18/05/2017

VIXENCIA

Dende 18/05/2017 Ata 30/11/2017

Entidade asinantes

Cantidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 7.000,00 €
FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS 1.000,00 €

2016-1638: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA E A FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS PARA DIFUSIÓN, ESTUDO E PRESERVACIÓN DA OBRA DE ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

OBXECTO

Este convenio ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para colaborar nos labores de divulgación, estudo e preservación da súa obra. As partes colaborarán na realización dun programa de actuacións orientadas a promover a obra e a figura humana de Antonio Fraguas Fraguas, así como para darlle continuidade ao labor realizado por el nos distintos eidos da vida literaria, social e cultural galega.

TIPO

Convenio de Colaboración

DATA DA SINATURA

21/03/2016

VIXENCIA

Dende 21/03/2016 Ata 30/11/2016

Entidade asinantes

Cantidade

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA 7.000,00 €
FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS 1.000,00 €