LEMBRANZAS DE DON ANTONIO
DÍA DO TRAXE GALEGO.
organizado pola Asociación do Traxe Galego
Miña nai e máis a túa
van xuntas na romería,
miña nai leva mantelo
a túa leva mantilla
Fuches á virxe da Barca
levaches medias azules,
leváchelas emprestadas
por eso tanto presumes.
Como un poeta ispirado
inda mo parece ver
na festa de San Trocado.
Calzón curto, alta monteira,
verde faixa, albo chaleque
i-o pano na faltriqueira,
sempre na gaita parleira
levaba dourado fleque.
Se ti viras o que eu vin
domingo vindo da misa,
vintecinco costureiras cosendo nunha camisa.